INSTALACIÓNS

As instalacións da Asociación de Forneiros Artesáns de A Coruña atópanse no Polígono Industrial de Bergondo, na rúa Parroquia de Ouces H-30/2

APROFAR dispón dunha nave de 600 m2 distribuídos en diversos espazos e está dotada dos servizos de auga, gas, electricidade, teléfono, cable de telecomunicacións, saneamento e recollida de lixo.

A nave dispón de diferentes accesos segundo a finalidade de uso das instalacións. Deste xeito conta cun acceso directo aos espazos privados dos asociados distribuídos entre o 2ª e 3ª andar, nos que se atopan o despacho do presidente, un espazo común de traballo para os representantes do comité directivo e unha ampla sala de xuntas. O acceso á planta baixa leva directamente á Escola APROFAR distribuída nunha secretaría técnica, un obradoiro artesán dotado de todo o equipamento necesario para a docencia práctica, e unha aula teórica con capacidade para 30 alumnos. Por último, a través dun portón de grandes dimensións accédese a un amplo espazo para a celebración de eventos e exposicións comunicado cos espazos abertos ao público.

APROFAR pon a disposición dos seus asociados o uso das instalacións, con catro alugueres gratuítos ao ano (16 horas) e o resto con tarifas reducidas. Así mesmo, para aquelas empresas ou entidades non asociadas existen tarifas especiais que deberán ser previamente aceptadas polo Comité Directivo. O aluguer sempre deberá ser realizado por horas e previa consulta de dispoñibilidade das instalacións.

Obradoiro artesán

Para máis información sobre a dispoñibilidade de datas e tarifas pode enviarnos un correo a través do formulario de contacto ou a secretaria@aprofar.es

Aula pechada de 200 m2 situada na planta baixa adaptada para a accesibilidade de persoas con mobilidade reducida, e equipada de toda a maquinaria precisa para que os asistentes aos cursos realicen as súas prácticas:

•  Forno eléctrico de tres pisos de solera reflectaria da marca Salva, con 20 m2 de cocción.
•  Forno de convección para 5 latas de 60×40 cm da marca Salva.
•  Dúas batidoras.
•  Dúas cámaras de fermentación controlada da marca Salva.
•  Tren de laboreo composto de amasadora, divisora automática, cámara de reposo e formadora de pezas.
•  Neveira de conxelación.
•  Arcón de conxelación.
•  Dous armarios de fermentación.
•  Fregadeiro.
•  Vitrina expositora de frío para cursos de escaparatismo.
•  Lavalouzas industrial.
•  Dúas vásculas de precisión.
•  Lavamáns.
•  Tres mesas de traballo, dúas de aceiro e outra de madeira.
•  40 cadeiras con mesa plegable.
•  Baño multiuso.
•  Vestiarios.
•  E tódolos útiles precisos para a elaboración dos productos.
•  Aire acondicionado.
•  Acceso a internet mediante wifi.

Aula teórica

Aula de 40 m2 situada no baixo e adaptada para a accesibilidade de persoas con mobilidade reducida, dotada de:

• Seis mesas e 30 cadeiras.
• Canón proxector e portátil.
• Videoproxector e pantalla.
• Conexións de rede con acceso a Internet e wifi.
• Pizarra branca magnética portátil e de parede.
• Aire acondicionado.

Para máis información sobre a dispoñibilidade de datas e tarifas pode enviarnos un correo a través do formulario de contacto ou a secretaria@aprofar.es

Secretaría técnica

Oficina pechada de 50 m2 con todo o material preciso para realizar as tarefas de xestión e coordinación dos cursos impartidos na Escola APROFAR: dúas mesas, cadeiras, armarios, ordenador, conexión a Internet, lector de pegada dixital, teléfono e fotocopiadora.

Para máis información sobre a dispoñibilidade de datas e tarifas pode enviarnos un correo a través do formulario de contacto ou a secretaria@aprofar.es

Sala de xuntas

Sala de 100 m2 con capacidade para máis de 30 persoas situada no terceiro e último andar do edificio. Espazo dispoñible tan só para aluguer de asociados.

Para máis información sobre a dispoñibilidade de datas e tarifas pode enviarnos un correo a través do formulario de contacto ou a secretaria@aprofar.es