Área privada

APROFAR abre unha liña de comunicación directa cos seus asociados, na que poderás acceder á central de compras, información actualizada e moitas máis opcións.

Aula Virtual

Accede aos cursos que a escola APROFAR pon a disposición dos seus asociados. Se non eres asociado e estás interesado no acceso á plataforma podes solicitar máis información aquí.

Bolsa de emprego

Consulta as ofertas de emprego das empresas dos nosos asociados, ou ben se queres enviarnos o teu currículo accede ao formulario de envío.

A nosa labor

Desde APROFAR levamos máis de 20 anos traballando da mán dos nosos asociados. Xa nos inicios apostamos pola mellora xenética e agronómica da variedade de trigo propia de Galicia, xunto co Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) que produciu a fariña de Trigo do Callobre.

Conscientes das necesidades do sector estamos a desenvolver novos servizos máis especializados e personalizados cada día.

Grazas á área privada, os asociados contan cunha vía de comunicación máis accesible e directa con APROFAR.

Ademais, coa  posta en marcha da aula virtual e a bolsa de emprego favorecese a actualización e reciclaxe continua dos forneiros artesáns galegos grazas aos cursos que se impartirán na Escola da asociación e que terán custes reducidos para os asociados.

Se tes calquera dúbida ou suxestión podes enviarnos un correo a info@aprofar.es, estaremos encantados de saber de ti.

  • Conservación do Pan Galego Artesán

    Xunto con FEGAPAN (Galicia), APROINPPA (Pontevedra), AFAPAN (Lugo) e a Asociación Provincial de Fabricantes y Expendedores de Pan (Ourense) seguimos na loita pola aprobación do Índice Xeográfico Protexido (IXP) do Pan Galego Artesán presentada á Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.

  • Asesoría laboral, fiscal e contable

    Tanto se xa levas anos no sector, como se es un novo emprendedor, APROFAR ofrece aos seus asociados un servizo de asesoría xurídica, social e laboral personalizada, e centrada na trazabilidade, prevención de riscos laborais, revisión de puntos críticos…

  • Central de compras

    Somos conscientes de que “a unión fai a forza”, por iso desde APROFAR xestionamos a compra conxunta de produtos con diferentes empresas do sector a un mellor prezo, máis asequible para todos e cada un de nós.

  • Aluguer de instalacións

    Como asociado terás dereito a empregar de xeito gratuito (16 horas/ano) as instalacións de APROFAR e posteriormente con prezos moi reducidos para a celebración de talleres de formación ou celebración de eventos.

O PAN GALEGO ARTESÁN

Moito antes de saír o sol e consumirse a noite, os forneiros artesáns traballan coas súas propias máns o pan que ao día seguinte estará na mesa de moitos fogares galegos. Son auténticos maestros forneiros, con xeracións no saber facer apoiando o seu esforzo diario.

Este pan, elaborado cos mellores ingredientes autóctonos da terra galega, conta cunha alta hidratación e, polo tanto, un alveolado espectacular e grande lixereza da miga.

Malia que o aroma do pan galego artesán é inconfundible, a osadía da industria fai que sexa  máis habitual do desexable atopar en diversos establecementos “un pan” con dita denominación, que tan só pode presumir dun nome que non lle pertence.

Conscientes deste problema moitos dos forneiros do sector, xunto coas pertinentes institucións galegas, estamos a tramitar a Indicación Xeográfica Protexida do Pan Galego. Para que alén das fronteiras da nosa Galiza o pan galego continúe a ser o pan de calidade de sempre co seu aroma e sabor inconfundibles.

O aroma do pan galego artesán, o mellor!

ALGÚNS DOS PROVEDORES QUE TRABALLAN CON NÓS

A boa relación cos nosos provedores é fundamental para nós e os nosos asociados, por iso contamos con máis de 20 empresas coas que temos diversos convenios que abarcan desde temas como a comunicación ou deseño de interiorismo, ata aseguradoras ou distribuidores de maquinaria ou produto. Infórmate na área privada da central de compras..

Falando de APROFAR

Es de gran admiración el empeño por parte de esta asociación por conseguir el IPG del pan gallego. De conseguirlo estarían dando un reconocimiento especial al que ya tiene, al pan artesanal gallego. La fuerza del asociacionismo es fundamental y necesaria para mantener la panadería artesanal.

Debemos seguir potenciando la asociación y en consecuencia, la Escuela de Panadería en esta nueva etapa que emprendemos, siempre con ganas a pesar de las dificultades.

La asociación es imprescindible para la defensa del sector. La unión hace la fuerza. Animo a todos los panaderos de la provincia a asociarse y participar con nosotros en la defensa de nuestros intereses.

Animo a la panadería joven a que se integre en la asociación aportando ideas y compromiso, solo así podremos mirar al futuro con esperanza. ¡Asóciate y disfruta de sus ventajas!

PRECISAS AXUDA?

Estaremos encantados de falar contigo

BUSCAS TRABALLO NUNHA PANADARÍA?

Podes consultar as ofertas laborais dos nosos asociados ou cubrir o formulario para que o teu perfil se incorpore á nosa bolsa de emprego.

PENSAS SOLICITAR UNHA SUBVENCIÓN?

Para recibir axuda na xestión de subvencións ou tramitación de rexistros sanitarios e industriais contacta no correo info@aprofar.es

QUERES COÑECER O CALENDARIO DE CURSOS?

Accede á Escola APROFAR para ver próximos cursos, e envía as túas propostas a info@aprofar.es

© Copyright Aprofar - Aviso legal | Desarrollado por Nextgal | Diseño y comunicación por Transversal Comunícate