Xornada da Cátedra do Pan e do Cereal
/in Actualidade, Novas, Sen categorizar /por Vanessa Moure DomínguezDende a Cátedra do Pan e do Cereal vaise celebrar, o vindeiro 1 de Xullo, en Lugo (en horario de tarde, pendente de confirmación do horario exacto), coma os anos anteriores, a Xornada da Cátedra do Pan e do Cereal, con motivo do aniversario da creación de dita Cátedra.
Este ano, o eixo central da xornada será o pan dende o punto de vista nutricional.
No marco de dita xornada, realizarase unha exposición de cereais, fariñas e pans galegos, facendo partícipes aos panadeiros e panadeiras galegas. De xeito que, todo aquel que teña interese en participar, pode facelo aportando 2 pezas de cada un dos pans que desexe expoñer. Unha peza será exposta enteira, e a outra estará en anacos á disposición dos asistentes á xornada para a súa degustación, todo isto co obxetivo de dar a coñecer os diferentes pans que se elaboran en Galicia. O carón de cada variedade de pan figurará o nome do pan, a panadería e lugar de procedencia, os ingredientes e o proceso de elaboración.
Tódolos interesados en participar deberán confirmar cantas variedades de pan queren expoñer e indicar o nome de cada tipo de pan, os ingredientes e o proceso de elaboración (de xeito breve) de cada pan, o nome da panadería e ubicación da mesma antes do día 12 de xuño.
O único custo que suporá para os panadeiros, será o transporte do pan, que deberán traer a Lugo. O motivo de poñer unha data límite é que precisamos coñecer cantas variedades de pan serán expostas para concretar e reservar a ubicación da exposición.
Para calquera dúbida ou para inscribirse como participante contactar a través de:catedradopanedocereal@usc. es ou nos teléfonos 982822492/982822421.
APROBADA IXP PAN GALEGO !
/0 Comentarios/in Actualidade, Novas, Panadarías /por Vanessa Moure DomínguezABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR AS SUBVENCIÓNS DE MELLORA DE IMAXE E MODERNIZACIÓN DA TÚA PANADERÍA
/0 Comentarios/in Novas, Panadarías, Subvencións /por Vanessa Moure DomínguezII MASTERCLASS FRANCISCO TEJERO – NOVAS TÉCNICAS DE FRÍO PARA MASAS
/0 Comentarios/in Escola APROFAR, Novas /por xestorA PANADARÍA E PASTELERÍA, UN SECTOR NO QUE ATOPAR EMPREGO
/0 Comentarios/in Escola APROFAR, Novas /por xestorNovas de interese
Páxinas
Contacta con nós
Parroquia de Ouces, H30-2
(Polígono de Bergondo)
15165 – Babío, Bergondo
A Coruña
981795627
info@aprofar.es