SERVIZOS
Asesoría fiscal, laboral e contable
Para os asociados de APROFAR ofrecemos asesoramento para a túa empresa en todo o relacionado con temas fiscais, laborais e contables.
Ponte en contacto connosco no correo asesoria@aprofar.es e informarémoste de todo.
Convenios con empresas
Desde APROFAR traballamos para crear convenios con distintas empresas que resulten de interese e ofrezan beneficios para os negocios dos nosos forneiros artesáns.
Se estás interesado en crear un convenio con nós envíanos un correo a info@aprofar.es.
Tramitación de axudas e subvencións
Tes dúbidas? Consulta toda a actualidade relacionada coa xestión de subvencións e se precisas axuda na tramitación de rexistros industriais e sanitarios podes enviarnos un correo a asesoria@aprofar.es.
Estaremos encantados de poder axudarche!
Aluguer de instalacións
Abrimos as portas das nosas instalacións aos asociados, con 16 horas anuais de balde para o aluguer. No caso de empresas ou particulares o Comité Directivo estudará a túa proposta dacordo ao calendario de ocupación das mesmas.
Interésache alugar algún espazo? Envíanos un correo a secretaria@aprofar.es.
Área privada
Queres consultar toda a información relacionada coa actualidade da asociación e o traballo que estamos a desenvolver? Abrimos unha nova canle de comunicación cos nosos asociados para ofrecervos o mellor servizo como asociación.
Para máis información contacta a través de info@aprofar.es.
Bolsa de emprego
Tes algunha vacante por cubrir no teu negocio? Buscas emprego nunha panadaría? Este é o punto de encontro entre demandantes de emprego e as empresas dos nosos asociados. Apúntate!
Ponte en contacto connosco no correo secretaria@aprofar.es e informarémoste de todo.
Escola APROFAR
Infórmate do calendario de cursos que APROFAR pon á túa disposición. Unha oferta formativa para mellorar o coñecemento e impulsar o crecemento do sector da panadaría e pastelería galega artesán.
Tes algunha proposta? Envíanos un correo a escola@aprofar.es.
IXP do “pan galego”
Despois dun longo percorrido, os forneiros artesáns galegos están a piques de conseguir este recoñecemento para o “pan galego”.
Se queres coñecer máis información sobre o IXP contacta con nós no correo info@aprofar.es e informarémoste de todo.