SERVIZOS

ASESORÍA

Asesoría fiscal, laboral e contable

Para os asociados de APROFAR ofrecemos asesoramento para a túa empresa en todo o relacionado con temas fiscais, laborais e contables.

Ponte en contacto connosco e informarémosche de todo.

CONVENIOS

Convenios con empresas

Dende APROFAR traballamos para crear convenios con distintas empresas que resulten de interese e ofrezan beneficios para os negocios dos nosos forneiros artesáns.

Se estás interesado en crear un convenio infórmate na asociación.

AXUDAS E SUBVENCIÓNS

Tramitación de axudas e subvencións

Tes dúbidas? Consulta toda a actualidade relacionada coa xestión de subvencións e se precisas axuda na tramitación de rexistros industriais e sanitarios. 

Estaremos encantados de poder axudarche!

INSTALACIÓNS

Aluguer de instalacións

Abrimos as portas das nosas instalacións aos asociados, con 16 horas anuais de balde para o aluguer. No caso de empresas ou particulares o Comité Directivo estudará a túa proposta dacordo ao calendario de ocupación das mesmas.

Interésache alugar algún espazo? Contacta coa secretaría da asociación.

ÁREA PRIVADA

Área privada

Queres consultar toda a información relacionada coa actualidade da asociación e o traballo que estamos a desenvolver?

Abrimos unha nova canle de comunicación cos nosos asociados para ofrecervos o mellor servizo como asociación.

EMPREGO

Bolsa de emprego

Tes algunha vacante por cubrir no teu negocio? Buscas emprego nunha panadaría? Este é o punto de encontro entre demandantes de emprego e as empresas dos nosos asociados.

Apúntate!

ESCOLA

Escola APROFAR

Infórmate do calendario de cursos que APROFAR pon á túa disposición. Unha oferta formativa para mellorar o coñecemento e impulsar o crecemento do sector da panadaría e pastelería galega artesán.

Tes algunha proposta? 

IXP do “Pan Galego”

Despois dun longo percorrido, os forneiros artesáns galegos están a piques de conseguir este recoñecemento para o “pan galego”.

Se queres coñecer máis información sobre o IXP contacta con nós e facilitarémosche toda a información.