II MASTERCLASS DE FRANCISCO TEJERO – NOVAS TÉCNICAS DE FRÍO PARA MASAS
Francisco Tejero (mestre panadeiro)
Datas: 18, 17 e 19 de xaneiro de 2017.
Nº horas: 12
Horario: 16:00 – 20:00 h.
Estado: Finalizado
O mestre panadeiro, Francisco Tejero, é considerado como un dos mellores técnicos españois da panificación. A masterclass sobre das “Novas técnicas de frío para masas” ten lugar no obradorio da Escola APROFAR. Os seus amplos coñecementos técnicos levárono a asesorar a un gran número de industrias do pan en todo o mundo. Por iso, APROFAR considera esta masterclass de gran interese para panadeiros e pasteleiros.
O programa do curso con contidos tanto teóricos como prácticos está dividido en 2 bloques:
- BLOQUE 1: TÉCNICAS DE REFRIXERACIÓN: no que se tratan temas como a tecnoloxía do pan precocido, as masas refrixeradas, as características das materias primas, as etapas de cada proceso, a conservación, o transporte e a manipulación no punto de venta.
- BLOQUE 2: PANS PRECOCIDOS: posta en práctica das diversas técnicas de elaboración de chapatas, pan toscano, baguettes, pan de campo, pan galego como as hogazas ou o pan de centeo, bolería danesa, croissant e pan de chocolate.
Se queres obter máis información sobre Francisco Tejero podes visitar a súa web. Ademais de ver os vídeos resumo que desde APROFAR realizamos para poder relatar esta gran experiencia:
Á finalización do curso entregase a cada un dos asociados un certificado de asistencia acreditando a formación e número de horas realizadas. Da mán de Marcial Grela, Presidente de APROFAR, e Francisco Tejero, maestre panadeiro a masterclass rematou cunha xornada de intercambio de coñecemento.
Sen dúbida, este é un curso necesario para os nosos asociados. Na actualidade, as técnicas de frío estanse a impoñer nas panadarías de todo o mundo. Por iso, o coñecemento dos diferentes procedementos e a forma de utilización de frío nas masas panarias segundo os tipos de pan, son ferramentas indispensables hoxe en día.