Estreamos o novo portal web de APROFAR!
O pasado 16 de maio, coincidindo con San Honorato Patrón dos Panadeiros, os nosos asociados acudiron ás instalacións de APROFAR. Nesta xuntanza falouse de temas de actualidade como a situación do IXP do Pan Galego. Ademais, presentouse o novo portal web da asociación. Aos que o traballo llelo permitiu achegáronse a Bergondo para ser parte activa neste novo paso de APROFAR.
O grupo de comunicación, Transversal Comunícate, explicoulle aos asociad@s os obxectivos da creación desta web:
- Presentar a nova imaxe de APROFAR, renovada e actualizada.
- Abrir unha nova canle de comunicación entre APROFAR e os seus asociados.
- Ofrecer unha plataforma que permita dar maior difusión ao IXP do Pan Galego.
- Mellorar a oferta formativa da asociación, sen limitarse tan só aos asociados senón a calquera profesional do sector.
- Nova incorporación dunha área privada de asociados para realizar unha axeitada xestión das compras conxuntas.
- Presenza dixital das panaderías dos asociad@s, con información actualizada e veraz.
- Presentar os novos servizos nos que APROFAR está a traballar para os seus asociados.
- Medrar con novos asociados que non coñezan a asociación.
En resumo, esta xuntanza permitiu o intercambio de ideas, a identificación de necesidades detectadas por parte d@s asociad@s e a posta en común do futuro do sector.
APROFAR quere seguir medrando da mán dos que forman parte deste proxecto, vós os nosos asociados. E é por iso que contamos cun novo Departamento de Marketing e Comunicación. Xa que este vai a ser o encargado de definir a nosa presenza dixital, contribuíndo tamén ao desenvolvemento de novos servizos e á ampliación da nosa oferta formativa.
Queremos comezar este novo percorrido xuntos. Por iso, abrimos esta nova vía de comunicación c@s nos@s asociad@s para que formedes parte activa del e así seguir medrando con máis forza.
Desde APROFAR queremos deixar as portas abertas a tod@s aqueles profesionais interesad@s neste proxecto. Se aínda non eres socio e queres máis información non dubides en contactar con nós.