Carta aos asociados:

Son presidente de APROFAR desde hai 12 anos. Unha das inquedanzas que persego desde o primeiro día é formar profesionais para o sector ofrecendo na nosa escola unha formación de calidade e ao nivel dos nosos asociados.

Como forneiro artesán que son e presidente desta asociación creo que, o futuro da pequena e mediana panadaría pasa por seguir a facer un pan de boa calidade, como así está recoñecido polos consumidores de toda España.

Todo isto grazas a unha boa elaboración e a unhas materias primas excelentes como é o trigo autóctono galego, unha boa fermentación con moi pouco fermento biolóxico e os clásicos fornos de solera reflectaría.

Somos conscientes que cada día o mercado é máis variable e debemos abrirnos cara ao exterior. Por todo isto presentamos a nosa páxina web, que en definitiva é a de todos e cada un dos que formades parte de APROFAR.

Grazas por axudarnos a medrar!

ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE FORNEIROS ARTESÁNS

Presidente de APROFAR

APROFAR é a Asociación de Forneiros Artesáns sen ánimo de lucro da provincia de A Coruña. O noso comezo como asociación data do ano 1.994 despois de que ao redor de 20 forneiros artesáns se xuntaran para acometer os retos do sector da panadaría dese momento.

A clave do éxito está na continua formación e superación persoal

Obxetivos de APROFAR

Un dos obxectivos de APROFAR desde o seu nacemento era crear unha escola na que preparar ás novas xeracións de fillos de panadeiros no coñecemento do oficio. Estes novos discípulos son agora os encargados de defender o sector da panadería, os herdeiros que saben das características do auténtico pan galego artesán para que nunca perda as características que o proxectan como un dos mellores do mundo.

Os nosos logros

No ano 2002 APROFAR conseguiu a primeira licenza municipal de Escola de Panadería.

Tras varias licenzas  provisionais por parte da Xunta de Galicia, o 9 de outubro do 2012 acreditan á APROFAR como centro de formación  para o emprego e para a impartición dos certificados de profesionalidade de Panadería e Bolería (INAF0108).

Internacionalización

Durante todos estes anos de actividade, a escola APROFAR formou a xeracións de forneiros e compartiu coñecementos con profesionais doutros países como Francia, Alemaña e Suiza.

Xeramos emprego

APROFAR colabora coa Xunta de Galicia apoiando a inserción laboral de formación para o emprego na nosa comunidade autónoma . Desde o ano 2009 participamos como centro colaborador nas actividades de formación para o desemprego. A tasa de empregabilidade do noso alumnado de edicións anteriores é aproximadamente dun 30%.

Desde a asociación velamos polas necesidades que xorden no día a día dos obradoiros galegos, coidando que se faga un pan galego de calidade que manteña a nosa pegada como un dos mellores do mundo.

APROFAR pon a túa disposición os seus estatutos por se é da túa interese consultalos.