Moito antes de saír o sol e consumirse a noite, os forneiros artesáns traballan coas súas propias máns o pan que ao día seguinte estará na mesa de moitos fogares galegos. Son auténticos maestros forneiros, con xeracións no saber facer apoiando o seu esforzo diario.
Este pan, elaborado cos mellores ingredientes autóctonos da terra galega, conta cunha alta hidratación e, polo tanto, un alveolado espectacular e grande lixereza da miga.
Malia que o aroma do pan galego artesán é inconfundible, a osadía da industria fai que sexa máis habitual do desexable atopar en diversos establecementos “un pan” con dita denominación, que tan só pode presumir dun nome que non lle pertence.
Conscientes deste problema moitos dos forneiros do sector, xunto coas pertinentes institucións galegas, estamos a tramitar a Indicación Xeográfica Protexida do Pan Galego. Para que alén das fronteiras da nosa Galiza o pan galego continúe a ser o pan de calidade de sempre co seu aroma e sabor inconfundibles.
O aroma do pan galego artesán, o mellor!