Curso de Semifríos

Os postres semifríos fan referencia ás elaboracións pasteleras nas que tanto a presentación, como a conservación, deba realizarse en temperaturas de frío positiva, normalmente entre os 4º e os 10ºC.

Estes, ademais de posuír unha frescura irresistible para aqueles padais máis esixentes, permiten unha mellora no traballo no noso quefacer diario.

E isto por que?

Pois porque grazas á mezcla de 4 ingredientes esenciais (nata, xelatina, biscoito e diferentes sabores) estes poden conxelarse, aumentando así o seu tempo de consumo. Ademais a súa elaboración require poucos ingredientes permitíndonos deixar voar a nosa creatividade, requirindo tempos moi rápidos de elaboración.

Na nosa andaina por mellorar a formación dos/as nosos/as asociados/as  e despois da detección da necesidade formativa en relación aos semifríos, vimos de acordar este novo curso.

Nesta ocasión será o maestro panadero Don Alberto Pérez do Centro SAPER de León quen compartirá con nós o seu bo facer no mundo dos Semifríos.

Don Alberto Pérez- Maestro Panadeiro de Semifríos.

O presente curso celebrarase os días 6 e 7 de maio, en horario de 16:00 a 20:00 horas, nas instalacións da nosa escola. Ademais, a participación no mesmo será acreditada cun certificado de asistencia á formación.

Para poder asistir ao mesmo deberase confirmar inscrición previamente ao día 20 de abril, podedes ver máis información aquí.

Entre os contidos que se traballarán nesta formación aprenderemos a realizar:

  • Charlotas
  • Mousses
  • Bavarois
  • Parfaits
  • Glacages
  • entre outros… e con distintos sabores: praliné, chocolate, limón, froita da paixón, coco, queixo…

Estes son algúns dos exemplos dos seus traballos para que poidades ir abrindo apetito.

 

Cremoso de Cítricos – Fonte Centro SAPER de León

Charlota de café – Fonte www.saper.es

Mousse de Gianduja – Foto do Centro SAPER

Pasion Spring – Foto do Centro SAPER de León