Demostración de uso da CHAPATERA de SANDOR

Desde APROFAR abrimos as portas á empresa Sandor para a súa demostración en Galiza da  máquina CHAPATERA mini. Esta demostración celebraráse o vindeiro 13 de maio ás 16:30 h no obradoiro artesán.

Baixo o eslogan “UNHA NOVA FORMA DE PANIFICACIÓN” realizaranse diversas demostracións. Así, poderemos ver de primeira man o manexo da máquina na elaboración diversas formas de pan con masa fermentada altamente hidratada, entre outras. De uso e custo accesible para panaderías artesanais onde a calidade é o factor determinante.

SPEZZA CIABATTA BUPAN SYSTEM Modelo MINI 

Segundo palabras de Sandor, CHAPATERA “é unha ferramenta de traballo deseñada para cortar en modo automático masas fermentadas e con elevados contidos de auga (incluso máis do 80%), e calquera outra masa (ata candeal ao 50 %)”. 

Con estas máquinas e mediante corte faremos a demostración de diversas formas de pan e dalgúns produtos incluso en masa candeal:  barras, bastóns, rectángulos, cadrados, rombos, hexágonos, redondos, pans con puntas, roscas, moletes, e pans especiais en xeral.

SANDOR – BUPAN é unha empresa con máis de 50 años no sector. Especializados en Maquinaria, Procesos de Panificación e Inxeniería, polo que poden adaptarse ás necesidades de calquera despacho.

Poden ofrecer desde unha máquina para pequenas produccións a máquinas intermedias, grandes liñas con entablado, e incluso un proceso totalmente automatizado. Sempre segundo ás necesidades da túa panadaría.

Neste vídeo da súa canle de youtube, podedes ver un exemplo do modelo de Chapatera Mini.

Así, podedes facervos unha idea do que se vai ver e aprender nesta presentación TOTALMENTE GRATUITA. E ao final da xornada relaxaremonos cun pequeno aperitivo no que poder intercambiar as nosas inquedanzas.

Vémonos!

Contacto

Para contactar:
– TEL: 986 288 161- SILMAK MAQUINARIA
E-mail: info@joselagovillar.com
– TEL: 607 086 836 – Sr. CAPELO
– TEL: 941 220 797 – SANDOR
E-mail: sandor@sandor.es