Liberdade para abrir o venres 10 de abril entodas as panaderías de Galicia

Esta entrada é para informar e aclarar unha dúbida que está xerando confusión, sobre se está prohibido abrir os establecementos de primeira necesidade mañá 10 de abril.

Ben, primeiro publicouse no DOG un documento que anunciaba que o venres 10 de abril cerrarían os establecementos de primeira necesidade, coa finalidade de dar descanso ás persoas que fan posible que os alimentos cheguen a todos nos. Copio e pego dito documento e posteriormente aclarei a rectificación que se fixo despois por parte da Xunta.

page1image3711824 page1image3712032 page1image3712240

 page1image2985504 page1image3711408  page1image3708496 page1image3708288

DOG Núm. 69-Bis Mércores, 8 de abril de 2020 Páx. 18137

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

ORDE do 8 de abril de 2020 pola que se declara non hábil para a práctica comercial o venres 10 de abril de 2020.

O Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, declarada polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia do día 13 de marzo de 2020, como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19, na súa reunión do 15 de marzo de 2020, acordou que todos os es- tablecementos comerciais de primeira necesidade exceptuados da suspensión no Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 13 de marzo e neste acordo, e que, polo tanto, poden continuar abertos, terán liberdade horaria para fixaren sen limitacións os horarios dos seus establecementos comerciais.

Este acordo viña motivado pola necesidade de garantir o correcto funcionamento e o abastecemento da poboación durante a situación de emerxencia sanitaria con independen- cia das diferentes circunstancias que puidesen concorrer.

Así, o sector comercial de abastecemento de alimentación e bens de primeira necesida- de realizou un grande esforzo para garantir este abastecemento apoiándose na profesio- nalidade e no tesón das persoas traballadoras deste sector, que día a día están a contribuír a un funcionamento normalizado dos mercados.

Por isto, deben ser obxecto dun recoñecemento que garanta tamén o seu descanso.

Por todo o anterior, unha vez consensuado co sector, e sen prexuízo da posterior rati- ficación polo Centro de Coordinación Operativa, en uso das competencias atribuídas polo Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Con- sellería de Economía, Emprego e Industria,

DISPOÑO:

Excepcionar a aplicación do artigo cuarto do Acordo do 15 de marzo do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para o venres 10 de abril de 2020, día en que os establecementos comerciais deberán permanecer pechados, coa finalidade de garantir o descanso de todas as persoas que traballan no comercio polo miúdo de alimentación e bens de primeira necesidade.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2020

Francisco José Conde López Conselleiro de Economía, Emprego e Industria

 

Posteriormente pasaron a rectificar e anunciaron a liberdade para abrir este venres 10 de abril. Igual liberdade se da tamén para cerrar, se estes establecementos asi o queren facer. Pero respondendo ás dúvidas que nos están chegando por parte de moitos panadeiros galegos de se mañá hai a obriga de cerrar, a resposta é que non, que hai liberdade para abrir. Así que a continuación inserto unha captura do documento de rectificación con respecto ó documento anterior, por parte da Xunta de Galicia.

Esperamos que esto aclare este tema e decirvos que desde APROFAR estamos a vosa disposición no que poidamos resultar de axuda. Asimesmo agradecémosvos todos os esforzos que estades facendo nestes tempos convulsos que nos tocou vivir e desexámovos saúde e paz.