A APOSTA DE APROFAR POLA PROFESIONALIZACIÓN DO SECTOR DA PANADARÍA E BOLERÍA

APROFAR é a única escola de Galicia acreditada pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia para impartir o Certificado de Profesionalidade de Panadería e Bolería. Xa foron tramitadas as solicitudes de novos cursos deste tipo para os anos 2017 e 2018. A través da nosa web manteremosvos informados das próximas datas e prazos de inscrición.

Desde os inicios de APROFAR tiñamos moi clara a necesidade da profesionalización do sector. Este supuxo un dos motivos principais do nacemento da Escola APROFAR. Por este motivo, seguimos loitando para impulsar unha axeitada formación de calidade para @s nos@s asociad@s. Consultamos a Guía de Actividade Empresarial de “Despacho de Pan e bollería artesanal”. Un proxecto desenvolvido polo BIC Galicia en colaboración coa Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais e a Axencia de Desenvolvemento Rural (AGADER). Segundo datos recollidos no documento:

  • Durante o traballo de campo realizado, todos os xerentes entrevistados destacaron a elevada dificultade para encontrar panadeiros cualificados en Galicia, polo que nalgúns casos, as empresas recorren a aprendices ou familiares sen experiencia, pero con ganas de aprender o oficio.

Esta afirmación apoia a nosa aposta pola profesionalización do sector. Xa que cada vez máis, necesítanse profesionais cualificados que saiban e poidan desenvolver esta profesión.

Un dos problemas ao que nos estamos a enfrentar os despachos de pan e bolería é, sen dúbida, o incremento das vendas de masas conxeladas. Desde hai uns anos, en calquera grande superficie o usuario recibe información “enganosa” sobre pan recén forneado. O que non soen saber é que se trata de pans conxelados que se cocen no momento da súa venta, pero que ao día seguinte non conservan as características propias dun pan artesán de calidade. Os baixos prezos e unha axeitada estratexia de marketing destas plataformas fai que o consumidor compre un produto que non se axusta de todo ás súas expectativas.

Sen embargo, o sector segue medrando. Segundo datos do Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medioambiente no informe Sector Panadería y Pastas alimenticias de abril do 2017:

  • Do total da Industria Alimentaria con 28.101 empresas, 10.083 de ditas empresas pertencen ao sector da Panadería e Pastas alimenticias. Presentando así un total de 76.921 postos de traballo.

Por todo isto, desde APROFAR consideramos imprescindible a unión dos forneiros artesáns para continuar producindo o pan galego “de sempre”. Grazas a estas inquedanzas xurdiu a iniciativa da solicitude da IXP do Pan Galego. Esta iniciativa posta en marcha por FEGAPAN, APROFAR e outras asociacións galegas persegue a conservación do noso pan como un referente nacional e internacional.

Sergio Martínez

Ex alumno da Escola APROFAR - 2016

Estaba en paro e un día que tiven que ir firmar vín o anuncio do curso para desempregados, apunteime e seleccionáronme. Fixen o curso de panadería e bolería na Escola APROFAR o verán pasado. Ó finalizalo conseguín facer as prácticas en Martipan, en Cecebre, un dos asociados de APROFAR. Cando rematei as prácticas, os que impartían os cursos dixéronme que había dous postos vacantes na Panadería da Cunha, en Carral e asociado tamén de APROFAR. Dúas semanas despois da entrevista chamaronme para comezar a traballar e aqui sego.
Estou moi contento e por eso quero dicirlles a aqueles que buscan traballo que esta é unha grande oportunidade. Recoméndolles que fagan este curso porque case seguro que sairán cun contrato de traballo.

Israel Antela

Ex alumno da Escola APROFAR - 2015

"Hace dos años y medio que hice el curso de panadería y bollería para desempleados en APROFAR. Antes vivía en Alicante y trabajaba en una fábrica de pieles. Por motivos familiares me tuve que trasladar a Coruña y no tenía trabajo, por eso me apunté al curso y resulté seleccionado. Aprendí mucho y me gustó, así que cuando terminé las prácticas me puse a buscar trabajo en este sector y pronto encontré una oportunidad en la Panadería Dacunha, en la que sigo a día de hoy. Me gusta porque aprendo algo nuevo cada día, me divierto y me encanta trabajar con materias primas.
Animo a la gente a que haga este curso porque aprenderán muchas cosas y creo que es un oficio en el que se encuentra trabajo rápido."