Finalizado con éxito o primeiro AFD Panadería e Bolería 2023-2024
O pasado 26 de abril, finalizou o certificado de profesionalidade en Panadería e Bolería, que organizamos na Asociación Provincial de Forneiros Artesáns (APROFAR), enmarcado Plan Formativo para o Emprego para o período 2023-2025 que promove a Xunta de Galicia para a capacitación laboral das persoas desempregadas.
Dende o mes de novembro acollemos a 14 alumnas e alumnos formándose nas principais técnicas e procesos da panadería e bolería artesanal. Un total de 548 horas de formación teórico-práctica no que o alumnado aprendeu a identificar e caracterizar as distintas materiais primas e fases de elaboración, os distintos métodos e productos que debe coñecer quen quere exercer o oficio panadeiro (masas, fermentación lenta, fríos e semifríos, decoración e envasado, etc.), así como os fundamentos en seguridade alimentaria e inventariado.
Meses de arduo traballo de preparación no obradoiro da escola que concluiron con 80 horas de prácticas en centros de traballo onde puideron aplicar os coñecementos adquiridos nunha contorna laboral real, familiarizándose coas tarefas que leva a cabo todo profesional do sector. O noso agradecemento pola disposición e esforzo a empresas e traballadoras/es que axudaronnos nesta labor.
Cun sector en auxe nos últimos anos, congratulámonos de ter contribuído a formar máis e mellor persoal para as panaderías de Galicia.
Deixamos algunhas mostras dos produtos elaborados durante o curso.