A PANADARÍA E PASTELERÍA, UN SECTOR NO QUE ATOPAR EMPREGO
Os cursos para desempregados seguen a proporcionar unha boa oportunidade laboral para aquelas persoas que se atopan en situación de desemprego. APROFAR que é a única escola homologada de Galicia para impartir estes cursos resalta a gran inserción laboral dos seus alumnos. A Escola APROFAR
A Federación Galega de Panaderías (FEGAPAN) conta con 860 empresas asociadas. Segundo os seus datos o promedio de emprego é de 4 traballadores por empresa. Isto equivale a 3.440 empregos directos tan só nas panadarías e pastelerías dos seus asociados. Ademais habería que ter en conta os traballadores daquelas empresas non asociadas a FEGAPAN.
Un sector en auxe con demanda constante de traballadores. Desde a escola de APROFAR ofrécense cada ano cursos de formación en panadería e bolería para desempregados, con fondos subvencionados pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e, que acredita á nosa escola como o único centro na comunidade galega para impartir o certificado de profesionalidade “INAF0108 Panadería e bolería”.
Nas vindeiras semanas esperamos poder confirmarvos as datas das próximas edicións para a obtención deste certificado de profesionalidade.