NOS VINDEIROS DÍAS PUBLICARASE A APROBACIÓN DO IXP – PAN GALEGO

Desde os inicios APROFAR participa nas xestións promovidas pola Federación Galega de Panaderías para a creación da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) para o pan galego, co respaldo e impulso da Xunta de Galicia e que os forneiros artesáns de FEGAPAN levan xa un tempo esperando a súa aprobación.

Esta loita por acadar a posta en valor, protección e promoción do pan galego está a seguir as vías convencionais de xestión dun IXP. No mes de decembro de 2015 publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOGA) a RESOLUCIÓN de 18 de diciembre de 2015, de la Dirección General de Ganadería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, por la que se da publicidad a la solicitud de inscripción en el registro comunitario de la indicación geográfica protegida Pan Galego/Pan Gallego, e posteriormente no Boletín Oficial do Estado (BOE) a solicitude de creación da Indicación no BOE nº3 de 4 de enero de 2016 Anuncio de la Dirección General de Ganadería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias por el que se da publicidad a la solicitud de registro de la indicación geográfica protegida «Pan galego»/»Pan gallego».

O pasado mércores día 7 de xuño reuníronse en Santiago de Compostela, representantes de APROFAR, FEGAPAN e AFAPAN con Belén Do Campo, Directora Xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias e, Ricardo Losada, Secretario do ente regulador do IXP e Xestor de Calidade. Este encontro resultou moi positivo e segundo palabras do Presidente de APROFAR e vicepresidente de FEGAPAN, Marcial Grela,  Belén Do Campo informoulles que desde a Consellería do Medio Rural o IXP Pan Galego xa foi aprobado, polo que se conta que nas vindeiras semanas se publique no DOGA.

O seguinte paso, será o envío do prego á Comisión Europea para a a publicación da solicitude de inscrición no Diario Oficial da Unión Europea (DOUE). Así iniciase un novo período de información pública, esta vez a nivel europeo, de seis meses. Este período podería ser reducido a dous meses se non hai alegacións nese intervalo. Sen embargo, unha vez recibido o prego pola Comisión, a Consellería tramitará o que se denomina Protección Nacional Transitoria, que permite utilizar xa a IXP Pan Galego no ámbito español ao tempo que se continúa coa tramitación europea.