FEGAPAN aproba o texto definitivo para o IXP Pan Galego

O xoves 22 de xuño reuníronse os representantes de cada asociación provincial de FEGAPAN en Ourense para xuntos aprobar o novo texto do IXP Pan Galego. Os representantes provincias acudiron á cita que tivo lugar na escola da Asociación de Fabricantes de Pan y Expendedores de Ourense. Nela estiveron presentes: o Presidente da asociación ourensá e actual presidente de FEGAPAN, Roberto González. Tamén acudiu Guadalupe Gómez, Presidenta de AFAPAN. Francisco Sánchez, o Presidente de APROINPPA foi o representante pontevedrés. O Presidente de APROFAR, Marcial Grela foi junto con Juan José Pedreira, secretario de APROFAR e FEGAPAN. Juan José Pedreira fixo a labor de tomar nota e dar por aprobado o novo texto do IXP Pan Galego. Dous son os novos cambios. Os coeficientes de hidratación poderán oscilar entre o 70% ó 75% . En canto ós tempos de fermentación pasan a ser de 3 a 3 horas e media.

Esta reunión tivo lugar despois de que o pasado día 6 de xuño se reuniran con representantes da Consellería do Medio Rural. Nesta reunión deuse o visto bo para que o IXP Pan Galego sega camiño a Bruselas en pro deste recoñecemento. Unha vez aprobado pola Comisión Europea será o quinto pan en España en acadar este logro.

Desde aqui queremos felicitar a todos eses forneiros galegos que levan tanto tempo, sudor e bágoas por conseguir este recoñecemento.  Desta maneira tamén se valora o traballo de milleiros de panadeiros que cada día enchen os nosos fogares con aroma e sabor único do noso pan. Somos afortunados de poder degustalo e non esaxeramos se dicimos que temos dos mellores pans do mundo! Gracias por seguir dándonos este producto de calidade. Co seu traballo e esforzo fan que se conserve a tradición deste pan ben feito!