Aprobada a IXP Pan Galego!
Desde APROFAR comprácenos poder comunicarvos a aprobación da Indicación Xeográfica do Pan Galego/ Pan Gallego. A solicitude fora xa presentada con data 22 de xullo de 2015 ante a Consellería do Medio Rural pola Federación Galega de Panaderías (FEGAPAN).
Despois de moitos meses de espera, por fin se formalizou a inscripción da IXP do Pan Galego no Rexistro comunitario das denominacións de orixe protexidas e das indicacións xeográficas protexidas. Ademais, na ORDE do 14 de xullo de 2017 pola que se adopta decisión favorable en relación coa solicitude de inscrición da indicación xeográfica protexida Pan Galego/Pan Gallego no Rexistro comunitario de denominacións de orixe protexidas e indicacións xeográficas protexidas.
Cal é o seguinte paso?
Remitir esta resolución, xunto co resto da documentación pertinente, ao Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, para os efectos da transmisión da solicitude de inscrición á Comisión Europea, de acordo co establecido no artigo 15 do Real decreto 1335/2011, do 3 de outubro, polo que se regula o procedemento para a tramitación das solicitudes de inscrición das denominacións de orixe protexidas e das indicacións xeográficas protexidas no rexistro comunitario e a oposición a elas.
Esta resolución esgota a vía administrativa e fronte a ela os interesados poden interpoñer con carácter potestativo recurso de reposición ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural no prazo dun mes, segundo dispoñen os artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; ou recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses. Ambos os dous prazos computaranse desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Que implica a IXP Pan Galego?
Que tan só poderá recibir dita mención aquel pan que cómpra todos os requisitos recollidos no prego de condicións da indicación xeográfica protexida. Entre estos requisitos destácase:
- O pan debe ser producido na zona xeográfica da Comunidade Autónoma de Galicia.
- As materias primas utilizadas serán auga, fariña, masa nai, fermento biolóxico comercial (Saccharomyces cerevisiae) e sal. Mestura de fariña de trigos autóctonos cultivados en Galicia (mínimo 25%), que lle achegan o sabor e o aroma característico, e de fariña de trigos foráneos, que lle proporcionan maior forza panadeira.
- Para controlar os tempos de fermentación, tanto da masa nai como da propia masa, poderán utilizarse equipamentos de frío, pero sempre se traballará con temperaturas superiores a 0 ºC.
Como se deberá comercializar este producto?
Os envases utilizados para as pezas de pan comercializadas baixo o amparo da IXP Pan Galego/Pan Gallego, deberán levar, ademais da etiquetaxe comercial propio do elaborador, unha etiqueta de codificación alfanumérica e numeración correlativa (contraetiqueta), que será utilizada baixo a supervisión do órgano de control. Nesta contraetiqueta figurará o logotipo oficial da indicación xeográfica protexida:
Ademais, figurará obrigatoriamente a mención «indicación xeográfica protexida» e o nome da denominación, na súa versión en galego e/ou en castelán (Pan Galego e/ou Pan Gallego), así como o logotipo europeo identificador das indicacións xeográficas protexidas.
Por outra banda, na etiquetaxe dos pans elaborados en determinadas zonas nas que o pan galego alcanzou unha especial reputación, poderase indicar de maneira específica esa procedencia.
Onde podo xestionar a certificación da IXP Pan Galego da miña panadería?
Realizarase no Instituto Galego da Calidade Alimentaria (INGACAL), organismo dependente da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia.
Enderezo: Pazo de Quián, s/n, Sergude. 15881 Boqueixón (A Coruña).
Nº de teléfono: (34) 881 99 72 76.
Fax: (34) 981 54 66 76.
Correo electrónico: ingacal@xunta.es
Desde APROFAR estaremos encantados de atender todas as vosas dúbidas, e axudarvos nesta e outras xestións que precisedes.